<language>gl</language>
<itunes:explicit>no</itunes:explicit>
<description><![CDATA[Os mortos que amei de Iria Collazo López Foi publicado pola editorial Galaxia na súa colección Literaria/Ronsel en xuño do 2024. 
Temos lido en críticas o seguinte: 
Ten un bo título que nos evoca tristeza porque fala de amor e mortos, de persoas ás que quixemos e que xa non están con nós. Un título cheo de reminiscencias que nos conduce a buscar os seus nomes na caixa das lembranzas porque todos temos mortos aos que amamos.
A frase coa que comeza "Todo o que neste libro coincide coa realidade é inventado" ponnos sobre aviso e fainos preguntar acerca da realidade na que bebe e da óptica dende a que a autora nos vai facer a narración.
Situémonos no realismo fantástico, no mundo dos avós, na aldea, nas enfermidades que van aparecendo coma se a peste estendese os seus brazos; nese tempo no que é onte pero tamén hoxe... e vai nacendo a historia. As netas déitanse na herba para ver medrar as maceiras, as premonicións cúmprense e todo sucede nun mundo no que tanto se cre nos santos como nas menciñas ou nas meigas. 
A linguaxe é rica, froito do herdo activo desa xeración da que se fala; un galego que bebe desa cultura na que medrou vizoso para pintar o orbe que lle é propio. A capacidade de observación da autora tamén se mostra nesta potencia para recrear o mundo a través da lingua, para ir descorrendo as cortinas e deixando ver o que se oculta entre a fantasía e a existencia, para mirar o feitizo que se agacha no día a día daqueles que cargan anos e engurras pero sobre todo outra maneira de pousarse na terra. 
O relato pasa coma un tren que non se detén, sobre o tempo da guerra e a represión así coma o medo que tinguiu de silencio e desconfianza as décadas seguintes. 
Os amores son misterios porque di a autora que namorar é construír unha linguaxe e volver amar unha labor de tradución. E é que houbo tempos nos que mocear era falar, así se dicía.
Á marxe doutras cuestións que tamén aparecen no relato, como a convivencia coa dexeneración cognitiva, ese retorno á infancia que implica a vellez, mesmo a empatía que cada un dos protagonistas provoca no outro ou a historia de amor imposible (non pensedes mal!) que latexa ao longo da novela, a cuestión máis relevante, ao meu entender, é a maneira na que está narrada. Ese emprego da linguaxe, ese ton por veces poético, ese xeito de desarmarnos coa lectura, esa maneira de encarar a trama, son probas palpables de que estamos diante dunha autora de gran nivel. Iso é algo que xa sabiamos dende os seus primeiros traballos pero que, a cada paso que dá, parece definirse de maneira cada vez máis transparente.
O tamaño dos capítulos é moi desigual, dependendo da densidade do que se narre e do silencio con que se recubra para obrigar a pensar máis ou menos. Os entendidos falarán de novela ou prosa fragmentada, analizarán os parágrafos nos que se garda a contradición que envolve un mundo no que deus é bo pero o demo non é malo e o lectorado de a pé recoñecerá un imaxinario no camiño do García Márquez.]]></description>
<description><![CDATA[“Son coma glaciares os barcos de aceiro”, está publicado na colección Literaria Ronsel da editorial Galaxia. A novela foi presentada o 13 de marzo de 2025 no histórico Estaleiro Cardama de Vigo.
“Son coma glaciares os barcos de aceiro” é a obra na que Cynthia Menéndez novela as mobilizacións obreiras de 1997 contra a privatización, peche (con cea de noiteboa incluída) nas instalacións do estaleiro de Barreras. Texto de soberbia beleza lírica, que se le co corazón na man, reconstrúe con fidelidade emocional aquel Vigo de hai pouco máis de vinte e cinco anos, dende a ollada de Pedro, un mozo de hoxe, fillo dun daqueles (heroes do G7) obreiros protagonistas dunha das derradeiras folgas nos estaleiros (baleas) da nosa beiramar. Atmosfera de revolución viguesa, ao xeito das novelas de Ferrín e Xohana Torres, na que Menéndez,  incomoda aos conformistas. Novela inesquecible, afonda no espírito dunha cidade empapada pola resaca da memoria, mais que desaparece cando os ghichiños suben as gradas para construír glaciares de aceiro. 
É unha novela artesá, soldada con precisión liña a liña, palabra a palabra, como fan os traballadores coas chapas metálicas nas bancadas dos estaleiros.
É unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical.
Cynthia Menéndez fai especial fincapé no «universal» que foi quen de plasmar no seu libro poñendo a Vigo no mapa, e é que esta autora comenta que «estamos moi afeitos a ler novelas que transcorren en grandes cidades como París ou Madrid», e os escritores das pequenas cidades tenden a ocultar o nome das súas para ambientar dun xeito universal. Para min é moi interesante colocar a Vigo no mapa porque eu si quería facer un retrato universal das cidades pero a través de Vigo, un retrato universal da loita traballadora a través de Vigo, porque penso que é moi poético, ten unha luz moi inspiradora que non ten ningunha outra cidade galega e tamén está o caos, ese continuo movemento, porque non para, non descansa. Por outra banda, creo que hai varias xeracións temos un pouco esquecida a idea do Vigo revolucionario e pareceume moi útil traer á memoria o dos 90, para que lembremos o digno e significativo que é e que nos distingue máis alá dun concepto turístico que, ao final, é o mesmo en todos lados».
A novela mestura un estilo poético con elementos documentais para reconstruír o Vigo obreiro das últimas décadas do século XX, trae unha nova voz ao panorama literario galego, vinculando a literatura obreira con unha escrita evocadora e simbólica. Ao facer visible o Vigo obreiro e seu pasado industrial, a novela cobra valor como memoria colectiva e como acto de reivindicación literaria
A novela xurdiu durante a súa participación na primeira residencia literaria da Cidade da Cultura, á que seguiu un traballo de documentación minucioso que incluíu entrevistas con protagonistas da época.]]></description>
<description><![CDATA[O incendio. Sara Vila
Xerais, Vigo, 2024
Deste libro dixéronse cousas como:
É posible que o premio Blanco-Amor que se lle outorgou a Sara Vila no ano 2024 por O incendio talvez se sitúe entre ese monllo das propostas máis atractivas das galardoadas até agora, entre outras razóns porque encerra moitas e vizosas lecturas.
Por veces O incendio semella adscribirse a esa narrativa chamada “de fronteira”, por veces sitúase na denominada novela de (auto)formación e mesmo, en ocasións, parece que presenciamos nela o desenvolvemento dunha novela psicolóxica. É todo isto por xunto e talvez máis cousas.
 Pode parecer sinxelo -e non o é- darlle voz a unha adolescente que articula un discurso escrito coma se fose unha terapia para enfrontarse aos seus propios medos, á súa ansiedade, ás dependencias de ira e volta e, en xeral, ao seu propio pasado que a conforma como é. Non é sinxelo porque son moitos os riscos e tópicos en que se pode caer mais, antes ben, Vila consegue que cedamos a nosa complicidade a unha voz limpa, directa e próxima ao que contribúe, por certo, tanto a economía de medios que exhibe como o emprego dun rexistro expresivo popular que revela con transparencia o fondo do conflito. Se cadra é esta, alén dunha estrutura moi meditada e acaída, a clave que fai funcionar unha novela coma unha engrenaxe perfecta que xira arredor da devandita adolescente, da súa avoa e dunha cadela. 
Estamos diante dunha novela de formación que culmina cunha novela que podemos chamar de “destrución”, cando a aldea arde. Nesta novela de formación, contada na voz da protagonista principal, decorre á súa vez outra na cal a avoa vai perdendo facultades físicas e mentais, entrando nun declive que só pode ter un final. Formalmente salientamos o achado de que cada capítulo conteña en si xa naquilo que derivará no seguinte. Este efecto de títulos en contigüidade na primeira e segunda parte das tres que ten), anima moito a lectura, imprímelle axilidade.
Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamén afloran os afectos, a amizade e o pracer. «O incendio» é un relato sobre o lume, aínda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.]]></description>
<itunes:season>2025</itunes:season>
<itunes:episode>2</itunes:episode>
<description><![CDATA[“Para non concretarme” foi publicado por Edicións Positivas en xaneiro do 2024.
Deste libro dixéronse cousas como:
poemario en floración, cálido, primaveral.
a corporalidade está moi presente en todo o libro: as mans, a boca, a carne, iso que nos constrúe. Atopamos un territorio físico de pel e auga, do inmenso e o diminuto. A inmensidade é algo diluído e presente nas pequenas accións. Tamara Andrés xoga coa inmensidade coma as linguas (en todas as súas acepcións) xogan coas palabras.
Porque este libro é en certa maneira un terreo de xogo, a poeta xoga co poema, cos lectores e mesmo cos elementos gráficos e os signos de puntuación. É unha obra heteroxénea, con poemas de versos curtos e breves, algúns moi diferentes do resto do conxunto, como para facer honra a un título que promete experimentación. “nacemos cun río baixo a lingua”, lemos no título dun dos textos, comprendendo que a auga que se garda é tan importante coma a que mana, e esta tan importante coma a que se bebe. O libro é en ocasións mar e en ocasións encoro. O silencio cobra o mesmo protagonismo que a palabra.
“Para non concretarme”,  abisma na orixe da linguaxe, na arquitectura do poema e convida ao lector a deixármonos xogar
unha obra creada en movemento para convidar a quen le a xogar, a indagar no poema e na linguaxe e a admirar a beleza pasaxeira.
Este territorio poético proposto por Tamara Andrés tínxese de orcela, o nome da cor onde descansa, como ela mesma afirma, desa travesía, dese camiñar, ou moverse baixo unha luz de abril, unha luz que mesmo discute a crueldade do abril de Eliot e a súa terra baldía, pero que a poeta precisa para atemperar a luz cegadora de agosto, «a luz do verán é asoballadora/ invasiva coma os impulsos/ como as persoas que mancan...».
A propia autora ten comentado en relación con esta obra:
Busco a palabra exacta para que sexa un lugar para poder descansar.
A poesía serve para interrogarme.
Hai que celebrar o que flúe pero que se está indo. Que facemos co que non se pode gardar?
Foi escrito cando estaba en viaxe constante.
Formalmente troco constantemente. Experimento sempre.]]></description>
<description><![CDATA[É unha obra de non-ficción definida por ela mesma como unha novela realista. Nela están moi presentes os xogos de estilo tipográfico e a representación da oralidade e a fala da Costa da Morte. Uns recursos que emprega para contar a historia de dúas mozas, Mariña e Olivia, que rematan a carreira universitaria e que nesa nova situación intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras. Influenciada por autoras como Andrea Abreu, a poesía de Rosalía de Castro e da novela No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz, Sica Romero aborda os pesos e violencias que carretan estas dúas amigas, polo seu amor, pola dor, pola marcha da casa familiar.
	O estilo de Sica Romero é rápido, fluído. Encaixa perfectamente coas novas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos observar agora mesmo no mercado do libro. É unha novela onde a poesía ten un lugar especial: aínda que os versos non representen máis que unha vixésima parte da obra, eses poemas resonan na prosa. Polo tanto, é unha obra que no seu conxunto pode ser unha mostra da hibridación de distintas artes, ou/e de distintos xéneros, xa que conflúen a poesía, a prosa, diferentes tipografías, e unha puntuación moi particular nalgúns casos. Un poema de Rosalía de Castro introduce cada un dos capítulos da novela, o contido deses poemas está estrictamente ligado ós temas tratados en cada capítulo, facéndonos ver así, que a poesía da gran poeta sigue vixente. Coa súa escrita, Sica, tráenos á actualidade as mesmas verbas de inxustiza, e de tantos outros sentimentos reflectidos na obra de Rosalía. Ese é outro valor engadido de Avelaíñas eléctricas: conectar e interpretar na actualidade os problemas que cargamos dende antaño 
	A novela demanda, ou propón se quer, unha complicidade que, ao mesmo tempo, resulta afortunadamente esixente e na mesma medida gratificante. Con ela percorremos vivencias e sentimentos a través dunha expresión debedora da oralidade —velaí a presenza no rexistro expresivo da variante dialectal da Costa da Morte— a carón dunha forte carga poética que singulariza esta prosa, ou ao contrario se se quer. Unha proposta sólida, esperanzadora e suxestiva.]]></description>
<description><![CDATA[Unha poética dos vestixios. Do que pode construírse sobre os restos, sobre os fragmentos, como espazos de pertenza erguidos mesmo onde non quedaba nada. É unha das propostas de Ninguén queda (Euseino, 2022), a primeira novela de Brais Lamela. Un mozo conta a historia dun desposuimento, o da veciñanza de Negueira de Muñiz obrigada a desprazarse á Terra Chá tras seren as súas casas anegadas para facer un encoro. Mais esta historia entrecrúzase con outras, todas unidas polo desarraigo e, tamén, pola necesidade, e a vontade, de erixir comunidade malia todo.
Partindo do Plan de Colonización da Terra Chá dos anos 50, Lamela transpórtanos entre dous mundos, dúas épocas e dúas xeracións: as que habitan a cidade de Nova York e a provincia de Lugo. Un libro no que reflexiona sobre o fogar e o sentimento de pertenza. 
Ninguén queda é unha novela construída por un proceso de sedimentación, pola superposición de capas diversas que resoan entre elas. Hai un  proceso de ir desvendando as ocupacións sucesivas que foron deixando o seu rastro nun territorio que en principio podería semellar illado, como unha rexión de montaña na fronteira de Galicia.
Esta idea está no corazón do texto, non buscaba reforzar ningunha mitoloxía sobre as orixes. O fogar aparece como algo circunstancial, hai momentos nos que os personaxes poden sentir pertenza, pero é algo moi precario, que pode desaparecer. Isto conecta as experiencias pasadas coas máis contemporáneas
No fondo, o que está no centro do libro non son as cuestións históricas ou sociolóxicas, senón persoas, sempre con vidas e posicións múltiples, buscando facer pe nun espazo alleo.
A idea de construír dende o que permanece aparece de moitos xeitos: está na historia do pai que constrúe arte con refugallos, na figura do narrador, noutras historias de xente que refai as memorias das súas comunidades, ou das súas vidas.
Di o autor: o que me interesaba era introducir voces alleas que rompesen coa visión unitaria da voz do narrador, figuras como a súa parella ou o seu pai que cuestionasen o narrado ou contribuísen ao que se conta. Supoño que é importante, para min, mostrar que non hai unha historia única, acoller voces disidentes.
—Ninguén queda e os lugares mudan, hai algo que permanece?
—É un título que pode soar pesimista, pero para min era unha consigna que escoitaba aquí, en Galicia, e en Nova York. Nas entrevistas coa xente da colonización, referíanse ás vilas anegadas como lugares nos que non quedou ninguén. Gustoume ese eco de algo que escoitei en contextos moi distintos, pero a novela cuestiónao coa idea de que onde parece que non queda ninguén, ou en espazos construídos para iso, quedan cousas. Os obxectos ou as persoas que deciden non marchar é o que desafía esa consigna un tanto pesimista.
—É unha obra con moitas capas, pero queres enviar algunha mensaxe con ela?
—Ata agora a xente encontrou cousas moi distintas no libro. Non me gustaría que tivese unha mensaxe porque non creo nesa forma de escribir. Unha das cousas importantes para min é transmitir a sensación de que escribir literatura galega ou falar sobre Galicia pode querer dicir moitas cousas distintas, que un non está limitado a ter que estar aquí ou escribir dun xeito particular, ou sobre unhas cuestións específicas. Un pode escribir sobre Nova York e estar escribindo sobre Galicia, ou estar en Galicia e escribir sobre Nova York. Quería ter moitas capas e manter como unha balanza de xeito que alguén sempre atope algo q lle guste.
Algunhas cousas que nos quedaron:
•	O trauma no exilio non é o esquecemento, senón a memoria
•	Fai moito fincapé nos espazos nas diferentes ideas de fogar.
•	Hai un xogo entre o que é real e o que non.
•	Estrutura da novela: ire e vire errante.
•	Este libro só pode ser escrito por un migrante.]]></description>
<description><![CDATA[O que ves de escoitar son o comezo de tres dos relatos que conten a obra: “A pintura debida” de Fabio Rivas publicada no 2023 por Edicións Xerais dentro da súa colección Redes para obra de autores que teñan menos de 33 anos.
Di Anxo Angueira no prólogo:
Ten este escritor a teima viva, manifesta en cada liña, de darlle a volta á lingua, de revirala e buscar nela, de mesmo somerxerse e a bucío dar coas formas precisas, coas palabras e expresións axeitadas que conformen o magma a partir do cal todo se resignifica, todo ten sentido, un novo sentido. E esa é segundo cremos a base da creación.
Por outro lado está o recoñecemento da propia literatura como marco ou escenario a partir do cal se traballa. Temos aquí dúas citas moi orientativas dos labirintos en que nos atrapa este escritor, a de Castelao e a de Manuel Rivas, que apuntan tamén certa filiación da propia estirpe dos seus contos. A de «O retrato» de Castelao é vehemente. O conto de Retrincos é un modelo de artesanía do rianxeiro que aquí se evoca tamén, ás veces mesmo no estilo, coa concepción do relato coma un artefacto complexo, dinámico, sorprendente. É este conto o que inicia e lle dá título ó libro e a súa lectura é a mellor presentación posible do conxunto. De xeito paralelo, «O naufraxio dos homes bos» ten unha cita doutro referente como é Que me queres amor?. Onde de novo a arte e os seus brazos, neste caso a escrita, a carta, coma mensaxe interposta sobre a realidade crúa: menciña ou morte, salvación ou naufraxio.
Pero onde o metaliterario se fai máis evidente é no conto final, en «Agnes e o peculio», introducido coa cita da escritora romanesa Tatiana Țîbuleac. De novo as cartas e nelas a literatura, na que se dan cita un repertorio de escritores e escritoras novos internacionais, como Maggie O'Farrell ou Patrik Svensson, ou clásicos galegos como Méndez Ferrín. Trátase dun poderoso peche para o libro que a nós nos fai acordantes daquel «Philoctetes» de Percival e outras historias. A ficción e a realidade son todas ficción, por iso se entrecruzan, co propio autor ou autora incorporados, e desatan os seus particulares paradoxos.
Cómpre saudar tamén a correcta dosificación dos diferentes ingredientes deste orixinal conxunto de contos, o seu estilo directo cando é preciso, pero en xeral moi elusivo, que está en función dunha distensión só aparente e dunha intensidade que parece inestable pero resulta sempre gradual. Porque todo en A pintura debida resulta aparente, especialmente as personaxes e os seus mundos, detrás das cales atopamos o máis insospeitado no ser humano. E é ben grato para o lector o traballo escenográfico de Fabio Rivas, cuxas localizacións nos relatos nos sitúan nunha xeografía que vai do castelo de Vilasobroso, en «O berro dos ourizos», a San Benitiño de Lérez en «O cruceiro e as anguías», ó Candán e á Terra de Montes de «O Forxán e os asteroirdes», con escapadas fugaces a Betanzos ou Ámsterdam. E aínda cumpriría destacar a resignificación literaria que aquí teñen espazos culturais coma o hórreo, o cruceiro e mailo muíño. Son espazos que están aí, agardando por escritores de oficio como Fabio Rivas, para falar agora cunha nova linguaxe e nun novo teatro.
Antón Riveiro Coello. "Había tempo que non lía unha voz tan nova e convincente",. "E comparou o libro con Vento ferido, de Carlos Casares, que é o meu libro con maiúsculas. Para min foi algo incrible"
Di o  propio autor ao comezo:
Case todo o que acontece nas seguintes páxinas non é máis ca ficción. Agardo, polo teu ben, que non te identifiques con ningún dos personaxes.
"Eu quería escribir e publicar un libro de relatos. Os contos na literatura galega forman parte dunha tradición fabulosa. Por iso o meu primeiro libro tiña que ser un libro de relatos. Había  que comezar por aí. Se xa non hai máis, eu estarei contento igual porque o que publiquei foi un libro de relatos".
Sigue dicindo:  "tamén quería facer un libro o máis rico posible cun vocabulario o máis próximo posible ao noso e ao mesmo tempo que fose un libro actual que todos puidesen ler. E creo que saíu ben" . . 
"Eu o que quería era facer nestes relatos era algo moi apegado ao enxebre, ao propio pero, ao tempo, moi contemporáneo. Penso que calquera das historias do libro poderían suceder hoxe", aclara. "Tamén recoñezo que había un interese concreto pola miña parte en demostrar o meu amor pola lingua".       
Lemos nunha crítica que: Este libro consegue atraer e emocionar, talvez, porque goza por un lado da consistencia que lle outorga unha inequívoca solvencia nos puntos de vista narrativos adoptados e no deseño estrutural de cada un dos contos, diferentes entre si mais marcados globalmente por deixaren aínda lugar para o estoupido final, en absoluto previsible, que vai alén do episódico “despois de inzalo poderosamente con palabras”, tal e como teorizaba Rafael Dieste.]]></description>
<description><![CDATA[A obra titulada Feliz Idade de Olga Novo foi publicada no 2019 na colección Tambo da Editorial Kalandraka,  comeza cunha carta-prólogo da autora dirixida á súa filla Lúa sobre a importancia das raíces familiares e a terra onde habitaron os seus devanceiros. Feliz Idade, é unha clara alusión ao nacemento da súa filla e ao ocaso da vida do seu pai, que na autora  crearon sensacións de volta ás orixes e de defensa da esencia do día a día.
Apreciamos unha obra  que está chea de forza, na que nos fascina esta viaxe espectacular que fai desde o minúsculo ao universo. Neste diálogo que atendemos como lectoras, é posible apreciar dous mundos que alimentan as palabras de Olga Novo: aquel das formas pequenas e sutís -os microorganismos, os cromosomas, os insectos-, e o outro que se sitúa na inmensidade -a lúa, os planetas, o universo-. A poética da autora móvese nesas dúas dimensións semánticas.
Estimamos  como da voz a mundos en vías de extinción  como a vida do seu pai e recollemos esa chamada a estarmos atentas  para que non se perda, sabemos que se  non se recupera vaise perder.
Un libro que fala en paxariño, que amosa afecto inda que se abandone a linguaxe verbal, que se despraza sen moverse coma o son da lira, que é Kiki de Montparnase volvendo do prado con tres vacas.
Nunha entrevista á pregunta de se a procedencia dunha familia humilde labrega inflúe na súa obra,  resposta: Inflúe na miña obra porque inflúe en min, e a miña poesía son eu. A orixe determínanos a todos e a todas, aínda que logo incorporemos identidades, aperturas, horizontes. A miña escritura arraiga na voz dos subalternos, labregos pobres e analfabetos que constitúen a miña  xenealoxía ata onde alcanza a memoria.
  En certo xeito a miña poesía dá paso aos saberes dun mundo invisibilizado, tráeos a primeiro plano, celébraos e canta a súa dignidade a par da mal denominada “alta cultura”. Porque a miña herdanza vital está feita de terra e de apeiros de labranza que contan unha historia fronte aos poderes que contaron a Historia.]]></description>
<description><![CDATA[Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por «Pecados veniais» teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxinaron representar. Esta escolma de historias enfiadas, non exentas de humor acedo, pon o foco na traseira desas situacións, esperadas ou inesperadas, que de socate cambian a vida de quen as padece. Os abusos a menores, o acoso no traballo, a precariedade laboral, o dereito a ter unha vivenda, a decidir ser ou non ser nai e a elixir profesión por riba do xénero son asuntos que pairan tamén sobre esta historia. Unha historia que retrata a sociedade hostil en que vivimos e que fai aínda máis vulnerables as mulleres.
É unha recompilación de trece relatos. O fío que os une a todos é o protagonismo feminino e certa tensión entre elas como individuos e o seu ambiente. O interesante do libro é a calidade técnica da narración, que fai moi agradable a lectura, e a oportuna xerarquización que Nazaret López consegue ao redor das tramas que elabora. O realismo costumista interrómpese decote polo humor ou por xiros inesperados.]]></description>
<description><![CDATA[Nesta obra percibimos a paixón de Arancha por María Casares, unha activista da arte, excepcional actriz que chama a atención polo seu xeito de interpretar, una muller que afoga co traballo a tristura do exilio, a crueldade dunha España que chegou ao espolio da súa casa e ao asañamento coa súa familia, unha muller que arriscou continuamente en propostas novidosas en tempos ben difíciles para o teatro e para case todo. O libro cóntanos experiencias que forxaron o carácter de Casares e, dalgunha forma, marcaron o ritmo dos acontecementos. 
Hai no libro unha moi boa selección de fotos en espectáculos que supuxeron un antes e un despois ou con persoas significativas como o escritor Albert Camus, fotos  moi acaidas, entre elas unha reportaxe da revista Maire Claire na que sae a súa primeira foto como exiliada en Francia e que nos da idea da súa popularidade apenas con vinte anos. Anos máis tarde os estudantes franceses adoitaban topar a súa imaxe nos libros de texto.  Tamén van unhas  citas que se inclúen ao comezo de cada capítulo, nas que vemos as arestas de Casares e o seu pensamento sempre avanzado en moitas cuestións, caso da liberdade dende a que entendía a relación con Camus, ou a súa comprensión das vantaxes da vellez. Con respecto a Camus di que “e na comprensión e estima mutuas, orgullosos o un do outro, conduciámonos o un ao outro, dabámonos pulo o un ao outro, e queimabamos cadaquén mellor os días, que xuntos, nos eran dados…”. E da vellez déixanos a seguinte aprendizaxe: “envellecer é descubrirmos a transparencia, queimarnos as fronteiras, fusionarmos os límites, derrubarmos os biombos, dilatármonos, diluírmos o contorno da nosa individualidade para gañarmos unha unidade onde xa non existe a diferenza”.
Di Arancha no comezo: Todo o agradecemento aos editores por esta edición revisada de María Casares con motivo do centenario da actriz. O texto da biografía publicada no 1999 mantense na súa integridade, ofrécese co mesmo entusiasmo e formúlase co mesmo obxectivo: divulgar entre un público diverso e curioso a vida e obra nun tempo, o século XX, dunha persoa de talento extraordinario, na vida e no escenario, que viñan sendo o mesmo. E tamén segue tendo vontade de libro de celebración da andaina de quen coñeceu o éxito e o respecto profesional e ergueu a nosa cultura nun dos seus cumios, sen abandonar a súa condición de refuxiada. As memorias que escribiu son un tratado sobre o exilio, a infancia e o amor. Nunca deixou de falar de Galicia, nunca volveu.
Conta Arancha que o libro é coma unha reportaxe grande, máis ben ao xeito dunha xornalista que non dunha escritora, hai consulta de moitas fontes de hemeroteca aproveitando que foi unha persoa moi mediática.
A obra publicada por Arancha no 1999 foi a primeira que se publicou no mundo sobre a súa vida, e de aquela non había redes, era todo analóxico.]]></description>
<itunes:episode>2</itunes:episode>
<description><![CDATA[Vides de escoitar algúns poemas de Lixeiro, o libro co que poeta galego Ismael Ramos  gañou o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández neste ano, o último dos poemas foi na voz do propio autor.
 O libro  abre cunha cita de Peter Handke: "Ao final direi algo, un pouco". E sen embargo ese pouco non o é tanto. Con liña clara e unha portentosa forza imaxinista, por tramos case narrativa, a súa poesía internase no ser social. Está situada. A familia, a clase, a xeración, a amizade, os seus poemas suceden onde se anoan o eu e o nosoutros. "No primeiro barco do día cara á cidade, só me fixo nas mulleres da limpeza", escribe no poema Tres guineas, homenaxe a Virginia Woolf, "xa non hai estudantes porque é verán e fóra o verán amence limpo. / Os traballadores rezamos pola chegada dunha mañá fresca".
. O xurado que lle outorgou o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, organizado polo Ministerio de Cultura, fala de "canto xeracional que conxuga ironía e nostalxia"]]></description>
<itunes:episode>2</itunes:episode>
<description><![CDATA["Desnortada", publicado por Edicións Espiral Maior na Colección de Poesía Alba Longa, é o novo libro de poemas de Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988), unha das voces máis reveladoras e recoñecidas da poesía galega actual.
Recentemente galardoada como autora do Mellor Poema 2020 no festival galego-portugués aRi[t]mar, a poeta, narradora e ensaísta entréganos unha nova obra poética destinada, como quería Alejandra Pizarnik, a "irmos até o fondo" da experiencia vital asociada a unha experiencia da linguaxe que se transmuta en música, corpo e beleza sensorial.
"Desnortada", composto por 54 poemas, vese acompañado como libro (con excelente fotografía en portada de Vari Caramés) por un CD, gravado no estudio de Manolo Dourado, que contén 8 poemas con voz da propia autora e composición musical e interpretación (acordeón) de María Álvarez Santiago.
Edicións Espiral Maior, que cumpre 30 anos de existencia (1991-2021), celebra con "Desnortada" de Rosalía Fernández Rial unha vida dedicada particularmente á poesía, e disposta a encarar con novos retos e formas un futuro inmediato. MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO, editor.]]></description>
<itunes:season>1</itunes:season>
<itunes:episode>3</itunes:episode>
<itunes:season>1</itunes:season>
<itunes:episode>1</itunes:episode>
<description><![CDATA[Lemos na contraportada: 
A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroados. A medida que as vivendas se venden e os novos veciños se van asentando, o muro exterior da urbanización transfórmase en fronteira e o microcosmos do barrio acaba por se dividir en dous bandos. Mais non se trata dunha rivalidade polo territorio, senón da colisión entre dúas formas de vida que se converte nunha lenta e constante guerrilla de pequenas escaramuzas veciñais, na reafirmación do status comunitario dos humildes, e na manifestación dos nosos soños e loitas dependendo do lado do muro en que habitemos. En «Deixádenos remar», novela finalista do Premio Xerais 2020, Ana Cabaleiro dálles voz ás protagonistas anónimas do cotián, todas humildes e arrabaldeiras, ben sexan esforzadas traballadoras, opositoras, desempregadas, xubiladas, divorciadas, artistas ou viaxeiras.]]></description>
<itunes:season>1</itunes:season>
<itunes:episode>2</itunes:episode>
<description><![CDATA[O cervo e a sombra é  talvez a novela máis estilizada, máis redonda e, ao tempo, máis desacougante e penetrante entre as que deu a coñecer ata agora, pois nela a palabra convértese en gume que disecciona as estremas, que as hai, da condición humana.
E fala de   persoas coas que podes cruzarte a diario na rúa, seres de carne e óso «que ás veces toman decisións erróneas na vida», persoas feitas de desgrazas e derrotas, pero tamén de esperanza. É quen de sacar a beleza do escuro. Hai un agarimo de veludo no seu tacto narrativo. 
Di Diego: «Non me gusta o obsceno, non me gusta furgar na ferida. A literatura ofrece esa posibilidade de ir por outro lado. Para facer espectáculo do crime e o marxinal están outras cousas», 
O protagonista escacha o molde da virilidade campante durante anos na novela negra. Mateo é un home roto, centrado no coidado, en mudar as camas, poñer lavadoras, limpar o baño. 
Novela ambientada en Ourense, a configuración das personaxes está, polo tanto moi coidada, ao servizo dun realismo que respira verismo en todos os seus aspectos.
A novela e o autor, son testemuñas dunha realidade que está aí diante dos nosos apresurados ollos  cegos.
Diego convídanos a tocar as “cicatrices invisibles”, rescata historias silandeiras e silenciadas e ten a rara habilidade de permitir que sintamos na pel o tormento que sofren os “espectadores atormentados do mundo”. A estes podemos acompañalos nunha viaxe en forma de espiral onde atopamos violencia, si, mais ao tempo fardeis de memoria familiar e colectiva, entrelazados con historias de amizade luminosas, taleigas anoadas ao amor e desexo. Un libro poboado de almas que emerxen da noite, que veñen desde o lado máis salvaxe, para quedar na nosa memoria. 
O libro comeza deste xeito tan impresionante:
 “Os derradeiros días da miña vida árdenme baixo as pálpebras”]]></description>
<itunes:season>1</itunes:season>
<itunes:episode>4</itunes:episode>
<description><![CDATA[A (des)memoria é un poemario de Clara Vidal publicado pola editorial Medulia no ano 2021. Fala dunha linguaxe difícil de entender, propia das persoas enfermas que comezan a esvaecer a súa memoria (lingüística e en xeral). Os versos de A (des)memoria apelan ao social co alzhéimer como protagonista. Clara Vidal rescata a memoria da súa avoa e a propia nestes poemas.
Conta Clara que a  súa avoa tivo o libro na man e  cando llo ensinou díxolle  que ía ser famosa, conta tamén que a súa avoa sabe que é a súa neta pero non lembra ter fillos nen fillas, sabe a lóxica pero non sabe responder, conta   que se emociona nas presentación desta súa obra de poesía social e que empatiza moito co público, tamén que esta obra foi como un acubillo para chegar á  enfermidade desde o punto de vista da arte, encarnada en poesía , que habitualmente sempre se contan cousas menores e non se contan cousas importantes, por iso ela conta a realidade, normaliza as cousas tal como pasan, sen agachar nada. Tamén di que nalgunha presentación achegoúselle algún lector  enfermo  de alzhéimer e comentoulle que necesitaba verse en poemas así.]]></description>
<itunes:season>1</itunes:season>
<itunes:episode>5</itunes:episode>
<description><![CDATA[Dixo Rosa Aneiros nas RRSS:
<<O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. A mestura destas dúas emocións provocáballe na gorxa e no estómago unhas cóxegas que baixaban e subían das dedas á caluga, percorrendolle o corpo nun calafrío. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela formaba parte dun xogo ao cal estaba absolutamente prendida. Chamarlle xogo ao que ela facía era unha forma de falar, que xogo non era ningún>>. Así comeza "A ladroa da biblioteca de Meirás", a nova aposta da grande Eva Mejuto para o público adolescente e que foi finalista do ano pasado do premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Por se a triade ladroa-biblioteca-Meirás do titulo non fose abondo, na primeira páxina coñecemos a unha Mariña rabuda, valente e soñadora que nos gaña o corazón. Se a isto lle sumamos un Cagoendiola tan ruín como tenro; a grosa sombra da Emilia Pardo Bazán tras a Torre da Quimera; a memoria digna de Marcela e Elisa; o contrabando de ovos falsos da granxa de Meirás; un Luisito que pelexa polo seu lugar no mundo; unha Chana rebelde e afouta; un caralsol sombrío; unha señora Cajide, lambecús da Sección Femenina en xenuflexión permanente cara a Donacarme de El Pardo e un atentado frustrado da Operación Termopilas, a ecuación literaria non pode saír mal. De feito, sae fantasticamente ben. E moito máis se a artellas cunha arquitectura narrativa fluída e delicada, coidada ao detalle e mimada nas súas liñas diáfanas e encofrados resistentes, como un galpón de deseño no lugar da Moroza, Meis. Para que as vigas e os muros de carga non sobrecarguen a lectura, os diálogos vivos nos que os personaxes falan e non recitan, garanten sorrisos por baixo do bico e mesmo algunha gargallada. 
En definitiva, un gran libro que dará moito que falar nas aulas e fóra delas.]]></description>
<itunes:season>2</itunes:season>
<itunes:episode>1</itunes:episode>